Abeiro 17 days ago
Lola, preciosa gatiña atigrada, busca fogar definitivo.
Foi recollida sendo moi pequeniña, chegou con medo pero chea de ganas de vivir. Hoxe, con 7 mesiños, está totalmente recuperada, sociable, doce e preparada para dar e recibir agarimos.
É unha gatiña boa, tranquila e tremendamente cariñosa.