Hoxe foi un gran día. Vin de preto un picapeixe pousado, lucindo a súa plumaxe azul e dourada. Logo topeime cun precioso furón bravo, o animal salvaxe máis semellante a un peluche que ollei nunca. E todo dando un paseíño polas aforas de Lugo, no medio dunha reserva da biosfera.
3 days ago