Vicente Abelleira Cambeiro
@vicenteabelleira.bsky.social
📤 23
📥 20
📝 439
Nacín en Outes, nas terras de Francisco Añón Paz e Nicolasa Añón Paz...
26-01-1986 Morre na Coruña, a súa cidade natal, o cantante e compositor Pucho Boedo, mito da canción popular galega.
12 days ago
0
2
1
25-01-1902 Nace en Corcubión o escritor, xornalista e tradutor Plácido Castro, destacado activista cultural na diáspora.
13 days ago
0
1
0
24-01-1952 Nace en Codeso (Boqueixón) Anxo Adolfo Rei Ballesteros, autor de grande influencia na narrativa galega.
14 days ago
0
1
0
22-01-1855 Nace Aureliano Pereira, político, xornalista e escritor, autor dunha vasta obra poética en lingua galega.
16 days ago
0
1
0
20-01-1765 Inaugúrase na Coruña a Academia de Agricultura, primera institución desta clase no Estado.
18 days ago
0
2
0
16-01-1930 Nace en Guláns (Ponteareas) o músico e compositor Rogelio Groba, gran difusor da cultura musical no país.
22 days ago
0
2
1
15-01-1940 Nace en Santiago de Compostela a pintora, deseñadora e activista cultural Aurora "Aurichu" Pereira.
23 days ago
0
3
1
14-01-1934 Mercedes Docampo pedindo o voto das mulleres. "Nai galega, tes unha arma moi poderosa... o teu voto".
24 days ago
0
0
0
13-01-1822 Nace Antonio María de la Iglesia González, escritor e editor no Rexurdimento.
25 days ago
0
0
0
12-01-1916 Nace na Coruña Miguel González Garcés, poeta, mestre e xornalista.
26 days ago
0
1
0
11-01-1859 Nace en Carballo Alfredo Brañas Menéndez, escritor e ideólogo do rexionalismo galego.
27 days ago
0
2
1
10-01-1960 Falece o escritor Xohán Casal, un dos iniciadores da Nova Narrativa Galega e autor d' "O camiño de abaixo".
28 days ago
0
1
0
09-01-1940 Morre o escritor e xornalista Jaime Solá Mestre, director da revista "Vida Gallega" desde 1909 até 1938.
29 days ago
0
1
0
08-01-1919 Morre en Vigo o inventor Antonio Sanjurjo Badía, pioneiro na protección dos traballadores dos seus talleres.
about 1 month ago
0
3
0
07-01-1950 Morre en Bos Aires Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
about 1 month ago
0
2
0
06-01-1905 Nace na Coruña a pintora María Dolores Díaz Baliño, gran debuxante e acuarelista.
about 1 month ago
0
5
1
06-01-1912 Nace en Celanova Celso Emilio Ferreiro, expoñente da corrente socialrealista da poesía de posguerra.
about 1 month ago
0
3
0
05-01-1961 Sae do prelo "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas.
about 1 month ago
0
3
0
04-01-1809 Nace Louis Braille creador do sistema de escritura e lectura para cegos.
about 1 month ago
0
2
0
03-01-1874 Curros Enríquez publica "A fouce do avó" en "El Heraldo Gallego", periódico fundado por Valentín Lamas Carvajal.
about 1 month ago
0
4
0
02-01-1866 Sae do prelo "El Brigantino", periódico editado en Ferrol até 1880.
about 1 month ago
0
2
0
01-01-1889 Nace na Coruña Mª Luz Morales Godoy, a primeira directora dun xornal no Estado español, "La Vanguardia".
about 1 month ago
0
2
0
31-12-1952 Nace o debuxante, humorista gráfico, deseñador e guionista Xesús Campos Álvarez, "Chichi Campos".
about 1 month ago
0
1
0
30-12-1932 Nace Anisia Miranda Fernández, escritora cubano-galega e fundadora, en Bos Aires, da editorial "Follas Novas".
about 1 month ago
0
2
0
29-12-1872 Nace o político e investigador Rodrigo Sanz López, inpulsor de numerosas iniciativas a prol da nosa cultura.
about 1 month ago
0
1
0
28-12-1916 Fúndase "Cántigas da Terra", coro que tiña por obxecto defender a arte galega en todas as súas manifestacións.
about 1 month ago
0
2
0
27-12-1935 Sae do prelo da editorial "Seis Poemas Galegos", de Federico García Lorca, con prólogo de Eduardo Blanco Amor.
about 1 month ago
0
3
0
26-12-1942 Morre "Prado Lameiro", autor teatral poeta e figura destacada do rexionalismo galego de principios do XX.
about 1 month ago
0
1
0
25-12-1912 Nace Celsa Pérez Moreiras, colaboradora do Seminario de Estudos Galegos e profesora de Farmacia na USC.
about 1 month ago
0
1
0
24-12-1927 Sae do prelo "Margarida a da sorrisa d'aurora", de Evaristo Correa Calderón, primeiro conto infantil galego de autpr.
about 1 month ago
0
1
0
23-12-1999 Morre o escritor Jenaro Marinhas del Valle firme defensor do carácter universal e lusófono do galego.
about 2 months ago
0
1
0
22-12-1911 Nace en Mondoñedo o polifacético escritor Álvaro Cunqueiro, un dos autores máis importantes das nosas letras.
about 2 months ago
0
6
2
21-12-1121 Dona Urraca, raíña de Galiza, entrega a Xelmírez as Torres do Oeste, que gardan o fondo da ría de Arousa.
about 2 months ago
0
3
0
20-12-1907 O Himno Galego é interpretado de xeito oficial por primeira vez. Ocorreu no Gran Teatro da Habana.
about 2 months ago
0
1
0
19-12-1911 Nace en Ferrol o filólogo e escritor Ernesto Guerra da Cal, defensor da integración de Galiza na lusofonía.
about 2 months ago
0
1
0
18-12-1895 Nace en Lugo o poeta Luis Pimentel, cuxa obra é unha síntese da vangarda de dentro e de fóra de Galiza.
about 2 months ago
0
3
0
17-12-1900 Nace en Laxe o químico e xeólogo Isidro Parga Pondal, autor do primeiro mapa xeolóxico de Galiza.
about 2 months ago
0
2
0
16-12-2015 Morre na Coruña o escritor e xornalista Xosé Fernández Ferreiro, membro do grupo "Brais Pinto".
about 2 months ago
0
2
0
15-12-1914 Disólvese "Aires d'a Terra", o primeiro coro galego da historia, fundado en 1883 polo gaiteiro Perfecto Feijoo.
about 2 months ago
0
2
0
14-12-1898 Nace en Baltar (Ourense) Olimpia Valencia López, primeira muller galega en obter a licenciatura en Medicina.
about 2 months ago
0
4
0
13-12-1862 Nace en Santa María de Cervo (Lugo) o debuxante e caricaturista Xosé María Cao Luaces.
about 2 months ago
0
1
0
12-12-1986 Morre o bibliotecario e historiador Luis Costa García, grande especialista sobre a Guerra Civil española.
about 2 months ago
0
1
0
11-12-1934 Nace en Randulfe (Paradela) Manuel Oreste Rodríguez López, poeta, cronista e tradutor.
about 2 months ago
0
0
0
10-12-1991 Morre en Nova York, onde se exilliou tras a Guerra Civil, Emilio González López, profesor, historiador e político.
about 2 months ago
0
1
0
09-12-1952 Morre no Seixo (Mugardos) o pintor Felipe Bello Piñeiro, a quen nada relacionado coa cultura lle foi alleo.
2 months ago
0
1
1
08-12-1923 Nace a historiadora Olga Gallego Domínguez, especialista na historia social de Ourense entre os séculos XIV e XIX.
2 months ago
0
3
0
07-12-1857 Primeira folga de mulleres en Galiza, na Fábrica de Tabacos da Coruña, contra as malas condicións de traballo.
2 months ago
0
1
0
06-12-1939 Morre o pintor Xesús Rodríguez Corredoyra, considerado da escola pictórica galega.
2 months ago
0
3
0
05-12-2010 Morre en Ourense de ELA Marcos Valcárcel López, xornalista, escritor e historiador, especialista na "Xeración Nós".
2 months ago
0
1
0
04-12-1978 Morre en Vigo o pintor e gravador Carlos Sobrino Buhigas, creador de paisaxes e escenas costumistas.
2 months ago
0
1
0
Load more
feeds!
log in