loading . . . Santa María de Aciveiro. Forcarei, Tabeirós-Terra de Montes (XVII) Na bisbarra de Tabeirós-Terra de Montes, cabo da Serra do Candán e nas proximidades dun Lérez nacido no monte de San Bieito, freguesía de Aciveiro, ergueuse na primeira metade do século XII un mosteiro cisterciense do que, lamentabelmente, non se conserva unha abundante colección documental da que extraer datos significativos da súa orixe e evolución. Aciveiro, cuxas monumentais estruturas arquitectónicas fican nun recuncho do termo municipal de Forcarei, estendeu as súas propiedades e beneficios curados por toda a comarca, pero algunha tamén habería conseguir polas xeografías do Carballiño, Deza, Trasdeza, Paradanta, Valdeorras e as terras de León. https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/santa-maria/20251113204447239555.html