Concello da Coruña
@concellodacoruna.bsky.social
📤 626
📥 6
📝 2547
Perfil oficial do Concello da Coruña.
http://coruna.gal
📣 O Concello completa as melloras de saneamento no núcleo de Cances, dándolle continuidade ao Plan de Barrios 2025-27 👉 A intervención permite avanzar coa programación anual de actuacións na rede municipal, agora con actuacións no lugar da Comeanda ℹ️
https://i.gal/AcXzH
about 9 hours ago
0
1
0
📣 O Concello adxudica as prazas para as actividades do CEE Nosa Señora do Rosario, adaptadas ao alumnado con necesidades especiais 🤝 15 nenos e nenas se repartirán os postos nos cinco grupos, con propostas deportivas e creativas ℹ️
https://i.gal/YBR6D
1 day ago
0
0
0
📣 O Concello adxudica as obras de mellora previstas na rúa Agra do Orzán, reforzando as accións do Plan de Barrios neste distrito 👉 Tamén se acometerán os traballos de sinalización no Camiño do Pinar, percorrido que pasará a ser de prioridade peonil ℹ️
https://i.gal/u1xgJ
1 day ago
0
0
0
🏆 A alcaldesa felicita ao alumando coruñés con mellores notas na PAU 2026 🤝 Inés Rey recibiu en María Pita a 18 estudantes de centros da cidade para destacar os seus excelentes resultados na proba de acceso á universidade ℹ️
https://i.gal/z9fJZ
2 days ago
0
0
0
👏🏼 O Concello recoñece o traballo de David Hermida e Carlos Blanco, os bombeiros da Coruña que axudaron en Venezuela tras o terremoto 🤝 A alcaldesa, Inés Rey, recibiu os profesionais de emerxencias e agradeceulles o seu labor de apoio no país ℹ️
https://i.gal/RfCWq
2 days ago
0
0
0
📣 O plan de melloras nas calzadas municipais avanza cara a rúa Juan Flórez, onde se asfaltará o treito máis próximo á praza de Pontevedra 👉 O Concello renovará unha superficie de 3.000 metros cadrados e mellorará a seguridade viaria ℹ️
https://i.gal/784pN
3 days ago
0
0
0
🎶 O Concello e a Deputación reforzan a proxección nacional e internacional da OSG coa sinatura dun novo convenio de colaboración 🤝 O acordo blinda, con 1,56 millóns, a financiación da institución, a súa expansión e o seu carácter divulgativo ℹ️
https://i.gal/v9hpR
3 days ago
0
0
0
⚫ A corporación e as persoas traballadoras municipais gardaron un minuto de silencio en María Pita como mostra de solidariedade coas vítimas do incendio sufrido na provincia de Almería no día de onte
loading . . .
3 days ago
0
0
1
🏳️🌈 A alcaldesa, Inés Rey, asistiu á xornada inaugural do Atlantic Pride nos xardíns de Méndez Núñez 🎶 Azúcar Moreno, Zahara Rave, Soraya ou Ricky Merino actuarán ata o domingo no Orgullo do Norte
3 days ago
0
1
0
📣 O Concello adxudica por case 700.000 euros os servizos de produción técnica dos espectáculos municipais 👉 O novo contrato permitirá centralizar os servizos de son, iluminación e audiovisual, aportando maior calidade e reducindo os custes ℹ️
https://i.gal/xeUAS
3 days ago
0
1
0
⚽ Este venres vémonos na praza de María Pita para animar á nosa @SEFutbol no Mundial, coa pantalla xigante para seguir o España-Bélxica. ✨ Agardámosvos ás 21:00 horas, para encher a praza de ilusión!
4 days ago
2
0
0
📣 O Concello inicia a construción da nova rede separativa de augas no lugar da Comeanda, onde tamén se asfaltará a calzada 👉 O plan de actuacións promovido polo Goberno de Inés Rey no núcleo poboacional suporá un investimento de case 400.000 euros ℹ️
https://i.gal/78PcJ
4 days ago
0
1
0
🍽️ O Concello concede 2,6 millóns de euros en máis de 2.600 bolsas comedor, o maior orzamento dos municipios galegos 👉 O Concello da Coruña, malia non ter competencias en Educación, dedica ao ano para este programa case a mesma cantidade que a Xunta para toda Galicia ℹ️
https://i.gal/NTcAX
4 days ago
0
0
0
🖼️ O Concello presenta o catálogo da exposición de Estudios Abertos, un mapa da creación contemporánea coruñesa 🗣️ Gonzalo Castro destacou a publicación como “unha ferramenta de visibilidade” que permite achegar á cidadanía a diversidade e riqueza do tecido artístico local
4 days ago
0
0
0
📣 A Orquestra Gaos súmase ao espectáculo Yandel Sinfónico, unha proposta única en Galicia que chega o domingo ao Coliseum 🗣️ Gonzalo Castro puxo en valor unha cita que une música urbana e tradición sinfónica e que reforza o papel da Coruña como referente cultural ℹ️
https://i.gal/rmLss
4 days ago
0
0
0
🎭 O Ciclo Principal de Outono levará ao Teatro Rosalía de Castro doce montaxes de referencia do panorama escénico galego e estatal 👉 A nova programación inclúe producións premiadas, autores e compañías de prestixio e unha destacada presenza da dramaturxia galega contemporánea ℹ️
https://i.gal/UrteM
5 days ago
0
1
1
📣 O Concello destinará máis de 700.000 euros ao plan de accións de mellora que se executará este verán nos colexios públicos da cidade ℹ️
https://i.gal/e6W6R
5 days ago
1
0
0
🛟 O Orzán reunirá esta fin de semana os Campionatos Galegos de Salvamento e Socorrismo de Praia 👉 A competición congrega máis de 300 deportistas e concentrará no areal coruñés as probas das categorías infantil, cadete, xuvenil, júnior e absoluta, ademais do II Aberto de Praia ℹ️
https://i.gal/0z7Ip
5 days ago
0
0
0
🎥 O Concello organiza durante o mes de xullo as proxeccións de títulos de culto de Cinenterraza 2026 👉 A programación, que será todos os mércores e xoves de xullo, inclúe películas de autores como John Carpenter, Alfred Hitchcock ou Jean Renoir, entre outros ℹ️
https://i.gal/STGYt
5 days ago
0
0
0
📣 O Museo Arqueolóxico dará comezo en xullo aos obradoiros de verán no Castro de Elviña e o Castelo de San Antón 👉 As tres actividades propostas, todas gratuítas, contarán con dúas sesións cada unha e estenderanse ata finais de agosto ℹ️
https://i.gal/8DlWe
5 days ago
0
0
0
🎶 O Concello promove unha nova edición do Serán d’aquí, que converterá o Campo da Leña nun gran punto de encontro da cultura tradicional galega 👉 O evento celebrarase do 10 ao 12 de xullo con concertos, obradoiros, foliada libre e actividades para todos os públicos ℹ️
https://i.gal/kW4eJ
5 days ago
0
0
0
📣 O Concello impulsa unha nova edición dos programas Deporte Solidario e Inclusivo e Cultura Accesible e Inclusiva cun investimento de 343.350 euros 👉 As novas edicións permitirán desenvolver 33 proxectos sociais ℹ️
https://i.gal/pvubL
6 days ago
0
0
0
🌊 ‘Valentina’, a nova escultura de Miguel Couto, réndelle homenaxe aos Golfiños de Riazor 🗣️ Inés Rey definiu o monumento, situado xunto á praia, como “un símbolo da Coruña que mellor representa o amor ao mar, á amizade e á vida” ℹ️
https://i.gal/2ybOo
6 days ago
0
0
1
📣 O Concello adxudica as obras do espazo lúdico-deportivo do parque Adolfo Suárez 👉 Destinaranse 340.000 euros á adaptación desta superficie, que contará cunha pista multideporte e múltiples atraccións para a mocidade ℹ️
https://i.gal/4gXWE
6 days ago
0
0
0
🎶 A Romaría dos Castros ofrecerá tres xornadas de convivencia, música tradicional e actividades populares 👉 O Parque de San Diego acollerá do 17 ao 19 de xullo actuacións de Luar na Lubre ou Xurxo Fernandes e o pregón dos fillos de Víctor Sieiro ℹ️
https://i.gal/VHNDy
7 days ago
0
1
1
⚫ A Corporación municipal gardou un minuto de silencio como mostra de condena e rexeitamento polo asasinato por violencia machista dunha muller de 35 años na provincia de Málaga, o pasado 31 de marzo; e dunha muller de 55 años na provincia de Alicante, o pasado 2 de xullo.
7 days ago
0
1
1
🚴♀️ A Coruña obtén o selo «Más Bici» que outorga La Vuelta como recoñecemento ás sedes comprometidas co uso cotián da bicicleta A candidatura foi valorada positivamente pola organización tras acoller en maio a terceira etapa da competición feminina ℹ️
https://i.gal/hLTr7
8 days ago
0
2
3
🚧O Concello completa a urbanización dun antigo soar entre as rúas Antonio Ríos e Cerca, que agora acolle unha nova área de lecer As actuacións previstas no Castrillón avanzan agora coas melloras entre Fariña Ferreño e José Mª Hernansáez ℹ️
https://i.gal/DaiQi
8 days ago
0
1
0
🏊 Inés Rey pon en valor o espírito de superación da nadadora Paula Otero, que representará á Coruña no Campionato de Europa en París Otero, perceptora dunha das bolsas de apoio a deportistas que outorga o Concello, foi recibida pola alcaldesa ℹ️
https://i.gal/8dHBy
9 days ago
0
0
0
🖊️ O Concello programa un ciclo de actividades no Kiosco Alfonso para despedir a mostra ‘Trazos’ de David Pintor O concerto ilustrado do venres 10 de xullo, visitas guiadas e obradoiros permitirán afondar na obra do artista coruñés antes do peche ℹ️
https://i.gal/Q93AN
9 days ago
0
0
0
✅ O Concello avanza coa implantación do programa de emprendemento local na Sagrada Familia e nos Mallos Sae a licitación, cun orzamento base de 100.000 euros, o desenvolvemento dunha iniciativa para achegar novas ferramentas e servizos de mentoría ℹ️
https://i.gal/B49UI
9 days ago
0
0
0
⚠️ AVISO IMPORTANTE | Ante a alerta vermella pola vaga de calor, o Concello amplía a suspensión das actividades deportivas municipais ao aire libre. ℹ️ Lembra os consellos básicos: hidrátate a miúdo e evita a exposición ao sol nas horas centrais do día:
i.gal/recomendacio...
9 days ago
0
0
0
☀️ A Casa das Ciencias acolle a mostra ‘Eclipse de Viñetas’, con obras que apostan polo talento coruñés 👉 Trátase da primeira exposición da presente edición de Viñetas desde o Atlántico e forma parte da programación de ‘A Coruña CidadEclipse’ ℹ️
https://i.gal/VMAf1
9 days ago
0
0
0
🐟 Onte celebrouse a primeira sesión das Rutas Mariñeiras, ofrecidas polo Concello como parte do programa 'Mercados Coruñeses II' 👉 Os participantes fixeron un itinerario desde a lonxa ata o mercado de San Agustín ℹ️ Inscrición para seguintes sesións:
https://i.gal/Dig9P
9 days ago
0
0
0
🗣️ Inés Rey salienta a colaboración institucional na inauguración do novo edificio da Plataforma Náutica do Parrote 👉 O Concello faise cargo dos socorristas que durante o verán velarán pola seguridade nas instalacións ℹ️
https://i.gal/ySHbG
10 days ago
0
0
0
📣 Comezan as obras para urbanizar o camiño do Cura, nos Rosales, onde se actuará sobre esta senda peonil para mellorar a súa accesibilidade 👉 A alcaldesa, Inés Rey, achegouse hoxe ao barrio para informar do inicio desta intervención ℹ️
https://i.gal/fI0KK
10 days ago
1
1
0
🦈 Adeus a Gastón, o tiburón touro do Aquarium Finisterrae, que morreu tras 20 anos de vida no acuario coruñés 🗣️ Inés Rey: “Gastón era un símbolo desta cidade. O tiburón co que moitos crecemos e aprendemos a educarnos no amor á natureza” ℹ️
https://i.gal/6naUl
10 days ago
0
0
0
📣 O Concello pon en marcha unha nova actuación do Plan de Barrios, coas melloras previstas nas beirarrúas de Casablanca 👉 Os traballos comezaron onte no treito da avenida de Oza entre rúa Buenavista a e avenida da Pasaxe ℹ️
https://i.gal/Er0qq
10 days ago
0
0
0
⚠️ AVISO IMPORTANTE | Ante a alerta vermella pola vaga de calor, o Concello suspende mañá as actividades deportivas municipais ao aire libre. ℹ️ Fronte ás xornadas de altas temperaturas, a prevención é a túa mellor aliada. Consulta aquí as recomendacións:
i.gal/recomendacio...
10 days ago
0
0
1
📣 Inés Rey reivindica o papel dinamizador dos Centros Municipais de Empresa no 10º aniversario de Accede Papagaio 🎉 O centro celebrouno cunha xornada que incluíu charlas, actividades de networking e un peche con música en directo ℹ️
loading . . .
Inés Rey reivindica o papel dinamizador dos Centros Municipais de Empresa no 10º aniversario de Accede Papagaio
https://i.gal/KccTn
10 days ago
0
0
0
🏊 O mar, protagonista esta fin de semana cun amplo programa de competicións e actividades deportivas na Coruña 👉 A programación inclúe probas de natación en augas abertas, vela, piragüismo e salvamento e socorrismo, ademais do programa Coruña no Mar ℹ️
https://i.gal/ZlcGk
10 days ago
0
0
0
🚕 O Concello reunirase este mes coas asociacións de taxistas da cidade 🤝 O voceiro José Manuel Lage informou hoxe de que o executivo local manterá un encontro co sector para avanzar na configuración da Área de Prestación Conxunta ℹ️
https://i.gal/uTvth
10 days ago
0
0
0
📣 Abre o prazo de inscrición para as actividades extraescolares promovidas polo Concello e a Federación de Anpas para o curso 2026-2027 👉 Este ano o proxecto Chorus súmase a Cóxegas, Deporte no Centro, Idiomas no Centro e Arte e Cultura no Centro ℹ️
https://i.gal/42e1R
11 days ago
0
0
0
📣 O Concello facilitará a creación de máis de 500 novas vivendas públicas en Xuxán 👉 O pleno aprobou hoxe a modificación puntual do Plan Xeral no ámbito, onde se recalifica solo terciario co obxectivo de incrementar a bolsa residencial dispoñible ℹ️
https://i.gal/hSYYx
11 days ago
0
2
0
🎉 Bens e a parroquia de San Cristovo das Viñas enchen os barrios de música e tradición coas súas festas esta fin de semana 👉 As celebracións, integradas no programa de Festas nos Barrios, ofrecen concertos, verbenas e propostas para todas as idades ℹ️
https://i.gal/jxNau
11 days ago
0
0
0
📣 Luz verde á renovación dos parques biosaudables de Oza, Sagrada Familia e As Lagoas 👉 O Concello destinará 330.000 euros á adecuación destes tres espazos, que ampliarán a súa capacidade e incorporarán novos equipamentos ℹ️
https://i.gal/WPh7y
11 days ago
0
0
1
👋 Bos días, A Coruña! 🗓️ Hoxe celébrase o pleno ordinario do mes de xullo do Concello da Coruña 📹 A partir das 10.00 horas, poderás seguilo en directo aquí: i.gal/plenocoruna
11 days ago
0
0
0
🏫 O Concello adxudica 308 prazas para a rede de Escolas Infantís Municipais e da comezo ao prazo de matriculación 👉 Todas as prazas da rede municipal son gratuítas para as familias. A nova escola infantil de Monte Alto súmase á oferta municipal ℹ️
https://i.gal/lub91
11 days ago
0
1
0
🏖️ O programa de divulgación ambiental que promove o Concello durante a tempada de verán volve desde hoxe á praia de Riazor 👉 A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, visitou esta mañá ao persoal que atende o posto de actividades ℹ️
https://i.gal/R3xcM
11 days ago
0
1
1
📣 O Concello avanza co seu plan de revitalización da Cidade Vella, onde se acometerán melloras no xacemento do antigo convento de San Francisco 👉 As actuacións previstas permitirán renovar o seu peche perimetral e gañar accesibilidade ℹ️
https://i.gal/M4N9h
12 days ago
0
0
0
Load more
feeds!
log in