loading . . . 'Paisajes progresivos' #80. Históricos do rock progresivo español (3) Adoita dicirse que non hai dous sen tres, así que neste episodio terceira entrega de "un exercicio de nostalxia que nos leva a recuperar unha época moi fecunda da música española". Alberto Pazo, produtor e condutor do podcast explica: "o rock progresivo viviu o seu efémero momento de gloria a finais da década dos setenta en España, pero vaia xoias que nos legaron aqueles magníficos artistas". "Lembramos de novo aos marabillosos Módulos e escoitamos unha parte da descomunal obra 'Ciclos' de Los Canarios. O case esquecido Eduardo Bort déixanos marabillados coa súa proposta, como tamén Azahar e Mezquita, cos seus toques de rock con raíces". "Desde Cataluña alucinamos con Borne, Música Urbana e o supergrupo Pegasus, en onda jazz fusión. Desde o País Vasco soan os incribles Errobi, e desde Cantabria lembramos a Ibío, para pechar o círculo desta serie co enormes Bloque". Si séguevos emocionando, un pequeno spoiler: "de momento é todo, pero probablemente no futuro haberá máis. Que o gocedes." https://www.pontevedraviva.com/gl/radio/podcast-rock-progresivo-paisajes-progresivos_518845_102.html